Buscador Dog
Noticias Camara mineira
Noticias de Actualidad
Boletín electrónico

Comunidade Mineira de Galicia

A comunidade mineira de Galicia está constituída por un conxunto de axentes sociais e económicos que participan na actividade económica, ambiental e social dos recursos minerais.

Os axentes máis importantes son: administración, empresas, asociacións, colexios oficiais, universidade e a Cámara Oficial Mineira de Galicia.



Premios Santa Bárbara da Cámara Mineira


A Cámara Oficial Mineira de Galicia quere salientar a importancia que o sector mineiro ten tanto no tecido industrial galego como no desenvolvemento da sociedade. Neste sentido, convoca a III Edición dos Premios Santa Bárbara, para recoñecer o labor de tódolos integrantes da Comunidade Mineira de Galicia, estimular a súa contribución ao desenvolvemento do sector, e achegar e dar a coñecer o sector mineiro á sociedade, poñendo de manifesto a súa relevancia.


Ver as bases da convocatoria 2009

Baixar o formulario para presentación de candidaturas

A entrega de premios terá lugar durante a Festividade de Santa Bárbara, o xoves 3 de decembro en Santiago de Compostela.


Festividade de Santa Bárbara


Neste 2009, a Cámara Mineira celebra a Festividade de Santa Bárbara o xoves 3 de decembro en Santiago de Compostela.



|